Axentes da Policía Local de Poio deteñen un home de 27 anos acusado de agredir a parella na rúa

Poio
05 de decembro 2020

A víctima caminaba co home cando ambos iniciaron unha forte discusión, que rematou co presunto agresor golpeando a muller. Varias persoas que presenciaron a escena alertaron a Policía Local, que procedeu á identificación e detención do home

Axente da Policía Local de Poio
Axente da Policía Local de Poio

A Policía Local de Poio detiña a un home esta semana como presunto autor dun delito de violencia de xénero. Trátase dun mozo de 27 anos, que está acusado de agredir á súa parella na rúa.

Os feitos producíanse cando a vítima camiñaba co home e ambos iniciaron unha forte discusión, que rematou co presunto agresor golpeando a muller. Varias persoas que pasaban pola zona presenciaron a escena e alertaron á Policía Local de Poio. Unha dotación de axentes trasladáronse ata o punto de maneira inmediata e procedían a identificar o autor e a detelo ofrecendo protección á vítima.

Durante este 2020, axentes da Policía Local levaron a cabo a detención de nove persoas por violencia de xénero no municipio. Recolléronse, ademais, dúas denuncias a vítimas por supostos malos tratos machistas. Tamén se tramitaron seis casos por violencia machista e en tres destes casos con implicación de menores de idade.

A Policía Local alerta de que mantén un control constante, a diario, para loitar contra este problema social e axudar ás vítimas deste tipo de delitos.