Sete persoas denunciadas en Poio por unha festa nunha casa de San Salvador

Poio
14 de decembro 2020

Os axentes, que se trasladaron ata a zona logo de recibir o aviso dun particular, comprobaron que estas persoas non eran conviventes e identificounas a todas. Estes individuos trataron de esconderse en diferentes puntos do interior do inmoble para non seren multados

Control da Polícía Local de Poio na Barca
Control da Polícía Local de Poio na Barca / Policía Local de Poio

A metade das infraccións que detectou a Policía Local de Poio durante esta fin de semana corresponde a un mesmo suceso: unha festa que sete persoas estaban a celebrar nunha vivenda situada na parroquia de San Salvador.

Os axentes, que se trasladaron ata a zona logo de recibir o aviso dun particular, comprobaron que estas persoas non eran conviventes e identificounas a todas.

Estes individuos trataron de esconderse en diferentes puntos do interior do inmoble, pero a Policía Local xa tiña constancia previa da celebración da festa.

Nunha primeira inspección visual desde o exterior xa constataran que dentro había una reunión ilegal, xa que actualmente só se permiten encontros dun máximo de catro persoas,, na que tamén participaban algúns menores de idade.

A estas sete denuncias hai que sumarlle outras tres tramitadas nos controis efectuados nas estradas do municipio, contra condutores que saltaron o peche perimetral. Ademais, tamén se identificou a catro veciños por non utilizar a máscara na vía pública.

Por outra banda, a Policía Local tamén tramitou unha denuncia penal contra un veciño de Poio que se saltou un control situado nas inmediacións da ponte da Barca.

Os axentes lograron darlle o alto nunha rúa próxima a este emprazamento. O condutor deu positivo por consumo de alcol, acadando unha taxa de 0,88, o que practicamente equivale a triplicar o máximo permitido por lei. Será sometido a un xuízo rápido.