'Baixo o mesmo paraugas' para reivindicar unha "vida plena" para as persoas con discapacidade

Pontevedra
03 de decembro 2025
Actualizado: 04 de decembro

Usuarios das distintas asociacións que traballan no ámbito da discapacidade uniron as súas voces para reivindicar o dereito destas persoas a gozar dunha "vida plena"

Conmemoración do Día Internacional das Personas con Discapacidade en Pontevedra
Conmemoración do Día Internacional das Personas con Discapacidade en Pontevedra / Cristina Saiz

Pontevedra, como o resto de principais cidades galegas, uniuse este mércores "baixo o mesmo paraugas" para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Foi cun acto coordinado por Afapo, a asociación de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra, na Praza da Peregrina.

Alí, usuarios das distintas asociacións que traballan no ámbito da discapacidade uniron as súas voces para reivindicar o dereito destas persoas a gozar dunha "vida plena".

"Queremos gozar da vida con total liberdade, que nos teñan en conta porque temos moito que achegar e moito que dicir", reclamaron na lectura dun manifesto,

Nesta xornada, entre outros colectivos, participaron representantes de Amizade, Xoán XXIII, Aspadace, Amencer-Aspace, Down Pontevedra, Asearpo, Xoga, Adica, Afamo e a propia Afapo.

Os asistentes sinalaron que "somos diversos, pero non invisibles" e defenderon que o talento de todos eles "é maior que a nosa discapacidade".

Con este acto, estes colectivos reclamaron a necesidade de avanzar cara a unha sociedade plural e diversa, na que todas as persoas teñen moito que achegar.

As persoas con discapacidade reivindicou así en Pontevedra a súa historia, a súa resistencia e a súa voz, así como a necesidade de que haxa un apoio integral para os coidadores.

Ao mesmo tempo, lembraron que continúan loitando pola igualdade, as oportunidades reais e a participación plena na sociedade.