Barro acolle unhas xornadas de reciclaxe

Barro
03 de xaneiro 2017

Este mércores día 4 xaneiro terá lugar unha xornada da reciclaxe en Barro ao lado do centro de saúde dende as 11 ata as 14 horas

Composteiro comunitario en Cabaleiro (Campañó) Mónica Patxot

Este mércores día 4 xaneiro terá lugar unha xornada da reciclaxe en Barro ao lado do centro de saúde dende as 11 ata as 14 horas.

Haberá dúas carpas informativas. Por un lado, a carpa da Xunta de Galicia, na que todas as persoas que se acheguen poderán coñecer os beneficios da reciclaxe e de como realizar unha xestión máis sostible dos recursos e na que ademais haberá talleres e agasallos.

Por outro lado, haberá un stand informativo sobre o Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra que contará coa presenza de dous mestres composteiros que explicarán os procesos das distintas unidades de compostaxe.

Dende o 5 de setembro Barro está usando o composteiro comunitario con unha boa acollida e participación por parte da veciñanza, polo que xa se está preparando a súa entrada na segunda fase do Plan Revitaliza.

Tamén se realizará o reparto do primeiro compost producido no composteiro comunitario de San Antoniño.

Mediante un acordo entre a Concellería de Obras e Servizos coa empresa Ecovidrio vanse colocar ademais varios contenedores con imaxes turísticas de Barro nas que estará representada a Fervenza da Barosa en diferentes estacións.