Barro pide a Tráfico que informe a Fomento da inseguridade vial en San Antoniño

Barro
01 de decembro 2015

A xefa provincial de Tráfico, María Isabel Alonso Linaje, fixo unha visita oficial ao Concello de Barro na que mantuvo unha entrevista co alcalde e o tenente de alcalde para falar da posible colaboración entre os dous organismos

Visita da Xefa provincial de Tráfico ao Concello de Barro Concello de Barro

A xefa provincial de Tráfico, María Isabel Alonso Linaje, fixo unha visita oficial ao Concello de Barro na que mantuvo unha entrevista co alcalde e o tenente de alcalde para falar da posible colaboración entre os dous organismos.

Dende o goberno local aproveitouse a visita para falar dos problemas de seguridade vial que representan a PO-531 e a N-550 o seu paso polo núcleo de San Antoniño.

Ainda sabendo que a resolución a eses problemas de seguridade non é competencia da Xefatura de Tráfico si se lle pediu a súa intervención informando á Demarcación de Estradas do Estado e á Consellería de Infraestruturas sobres os puntos máis conflictivos nesas dúas estradas.

No núcleo do San Antoniño existen dous cruces especialmente perigosos: un coa rúa Areal, que está pendente dos informes da Demarcación de Estradas sobre a posibilidade de construcción dunha rotonda e o outro no cruce coa estrada provincial que vai en dirección á Portela, na que se produciu estes días outro accidente.

Outro dos puntos tratados foi a disposición da Xefatura Provincial de Tráfico a colaborar co Concello na concienciación en canto a seguridade vial, xa sexa con charlas nos centros educativos ou outro tipo de iniciativas.