Barro vai dedicar 109.000 euros para contratar 15 persoas

Barro
09 de febreiro 2017

Os postos que se van a cubrir con estes contratos serán os de: 1 condutor, 6 axudantes de albanel, 2 axudantes de carpinteiro, 2 varredores, 3 operarios de parques e xardíns e 1 monitor sociocultural

Operaria do servizo de limpeza traballando
Operaria do servizo de limpeza traballando / PontevedraViva

O Concello de Barro vai a contratar a 15 traballadores ao longo do ano 2017 para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

Para este fin, o goberno local está reservado unha partida económica de 109.000 euros, financiada coa aportación do Plan de Concellos da Deputación de Pontevedra e recursos propios do concello.

Os postos que se van a cubrir con estes contratos serán os de: 1 condutor, 6 axudantes de albanel, 2 axudantes de carpinteiro, 2 varredores, 3 operarios de parques e xardíns e 1 monitor sociocultural. 

Todos os contratos terán unha duración de 6 meses excepto o de condutor que será de 11, cunha xornada de 35 horas semanais. 

O procedemento de contratación farase solicitando a oficina de emprego candidatos para as distintas categorías, entre as cales o tribunal de selección decidirá as persoas a contratar seguindo os criterios que marca a Deputación nas bases do Plan Concellos.