Unha Batalla de Flores coa abella Maya, Cincenta e Pinocho abre as festas do Carme de Marín

Marín
11 de xullo 2025
Actualizado: 9:45

A tradicional Batalla de Flores nocturna abriu este xoves, 10 de xullo, a programación festiva. A banda sonora púxoa a banda de música de Marín, cun concerto na Alameda

Batalla de Flores nocturna 2025 en Marín
Batalla de Flores nocturna 2025 en Marín / Concello de Marín

A tradicional Batalla de Flores nocturna abriu este xoves, 10 de xullo, a programación das festas do Carme de Marín 2025.

As carrozas deste ano estiveron protagonizadas pola abella Maya, Cincenta e Pinocho.

Acompañados por nenos e nenas de Marín disfrazados para a ocasión, estes personaxes infantís percorreron a vila repartindo cor e alegría.

A comitiva partiu desde as instalacións do porto, á altura de Nodosa, e percorreron a avenida de Ourense, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer e Concepción Areal, para rematar no Parque Eguren.

Previamente á Batalla, o ambiente festivo xa invadira marín cuns pasacalles durante a mañá a cargo de Cantareiras e Galteiro Moderno.

Xa pola noite, ás 21.30, a banda sonora púxoa a banda de música de Marín, cun concerto na Alameda que quentou o ambiente para o percorrido nocturno das carrozas.

Ademais, desde este xoves 10 xa están abertas as atraccións de feira das festas 2025.