Benvida a 'Gerardo', o trasno dos Xardíns de Marescot

Pontevedra
16 de maio 2019
Actualizado: 02 de novembro 2025

O tronco do abeto de Douglas retirado de diante do ambulatorio Virxe Peregrina estreou este xoves unha nova vida en forma de trasno. O artista Santiago Castro Soage rematou o traballo realizado durante o último mes e medio para construír unha escultura de madeira e darlle vida a 'Gerardo'

Visita con motivo do remate da escultura de madeira de Santiago Castro nos xardíns de Marescot Mónica Patxot

O tronco do

O propio artista e o concelleiro de Xardíns, Alberto Oubiña, visitaron a escultura, instalada nos xardíns de Marescot e na que Santiago Castro estivo a esculpir ata este mesmo mércores. Alí, déronlle a benvida ao novo trasgo pontevedrés, que chegou á cidade no marco do programa Ponteguapa, unha iniciativa municipal que ten como obxectivo encher de plantas, cor, luz e alegría os balcóns e fiestras da cidade coincidindo coa chegada da primavera.

Santiago Castro traballou desde o día 1 de abril para esculpir o tronco e convertelo nun trasno de xardín que non se esquece da Facultade de Belas Artes que ten á beira. Así, ao carón ten un pincel duns catro metros de altura.

En Pontevedra será a primeira escultura que luza e espera que non sexa a última, pero este artista xa deixou a súa pegada noutros municipios da contorna. En Marín esculpiu as esculturas de madeira da Finca de Briz.