A casa consistorial de Pontevedra acolleu este luns 23 de febreiro a sesión plenaria que marcará o rumbo municipal deste ano coa aprobación do documento orzamentario para este 2026
Nun ambiente de "retranca" e dardos dialécticos, sen grandes tensións, o pleno extraordinario deu luz verde aos orzamentos municipais. Unhas contas que, por primeira vez, superan os cen millóns: 103.708.000 euros, o que supón un incremento de cinco millóns respecto ao ano anterior.
A sesión saldouse co guión previsto: 14 votos a favor (BNG e PSOE) fronte aos 10 en contra do Partido Popular.
O concelleiro de Facenda, Raimundo González Carballo (BNG), foi o encargado de defender un proxecto que cualificou de "solvente e expansivo". Segundo Carballo, Pontevedra vive o seu "mellor momento", pero sen espazo para o conformismo.
"O futuro verde é un cambio de paradigma", asegurou, sinalando a renaturalización do río Gafos (con máis de 4 millóns de euros) como o gran fito que devolverá "luz e biodiversidade" ao corazón da cidade.
González Carballo debullou un orzamento que prioriza barrios e parroquias, con investimentos destacados como o novo parque da Parda (máis de 2 millóns), o pavillón e reformas en Monte Porreiro (2,3 millóns) ou a mellora da seguridade peonil na cidade.
Todo isto, lembrou, "mantendo as taxas conxeladas por duodécimo ano consecutivo", o que supón deixar 14,6 millóns de euros "nos petos dos pontevedreses".
PUENTES DESTACA O VALOR DO PACTO
Pola súa banda, o portavoz do PSOE, Iván Puentes, reivindicou o papel decisivo dos socialistas para acadar un "acordo amplo" que achega máis de 10 millóns de euros en propostas propias.
Puentes non aforrou críticas á actitude do PP, ao que acusou de "covardía" e de instalarse na "crispación madrileña" seguindo a liña que marca Alberto Núñez Feijóo, presidente nacional dos populares.
"O mandato dos veciños foi claro: falar e acordar para que ninguén impoña", sinalou Puentes, destacando logros como a reforma da Casa Azul, o novo centro de protección animal ou a creación de vestiarios femininos dos campos do Manolo Barreiro.
Nun momento de inspiración filosófica, o socialista apelou á "dialéctica hegeliana", referida tamén por González Carballo, para explicar a síntese de proxectos entre BNG e PSOE, e rematou cun irónico "solo sé que no sé nada" de Sócrates para referirse á confusión da oposición.
RAFA DOMÍNGUEZ: "ES EL DÍA DE LA MARMOTA"
Dende a bancada popular, Rafa Domínguez presentou unha emenda á totalidade cun discurso contundente e en castelán.
"No estamos contentos con estos presupuestos. Son continuistas y no ofrecen soluciones a los problemas crónicos", sentenciou o líder do PP, quen cualificou a xestión de Lores como unha "cronicidad" que condena á cidade ao estancamento.
Domínguez cargou contra o "papelón" do PSOE, cualificándoos de "comparsa sumisa", e lamentou que Pontevedra siga sen un novo PXOM e con problemas de vivenda, seguridade e limpeza.
"Es el día de la marmota y perder oportunidades de futuro", afirmou, criticando a xestión municipal en materias como fomento de emprego ou vivenda, ademais do que considera o "fracaso" do Coche de Punto.
Durante a sesión, o Partido Popular volveu criticar a actuación dos socialistas ao esquecerse das súas promesa de abrir ao tráfico Raíña Vitoria ou de manter o mercado ambulante na Alameda. Puentes mantivo que "PSOE e BNG somos proxectos políticos diferentes pero somos partidos e persoas capaces de sentarnos, falar e chegar a entendemento como no caso deste orzamento".
O debate contou con momentos de retranca cando Raimundo González respondeu á emenda do PP. Ao ser acusado de facer política "do século pasado", o nacionalista replicou: "Non me diga que naceu neste século, señor Domínguez, porque se conserva fatal".
González Carballo tamén tirou de metáforas culinarias para desacreditar os argumentos populares sobre as baixas en certas partidas: "A como está o quilo de patacas? Pero o que quero son polos", ironizou para explicar que as reducións se debían á finalización de proxectos concretos (relacionados cos Next Generation ou os Premios Feroz) e non a falta de investimento.
Nun último intento de sedución política, o concelleiro de Facenda ofreceu a Domínguez incluír un millón de euros nunha futura modificación de crédito se votaba a favor: "Voten a favor... veña, bro", soltou, provocando o sorriso no salón de plenos.
Finalmente, os populares rexeitaron a proposta con Rafa Domínguez afirmando que "hay que hacer otros desde cero y pensar en otros para el futuro de Pontevedra". A maioría conformada por BNG e PSOE sacou o documento adiante.

Pleno extraordinario de aprobación dos orzamentos 2026 de Pontevedra