Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, imos cociñar uns Bolos de bacallau á biscaíña, unha receita que funciona ben como entrante ou como prato principal, para o que podemos acompañalos da clásica coliflor.
Esta receita ofrécenola o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar. A través da súa páxina web, lémbranos que o bacallau é un peixe branco moi prezado, grazas á súa carne magra, delicada e consistente.
Para preparar uns saborosos Bolos de bacallau á biscaíña de Conservas Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes:
- 1 Lata de Bacallau á biscaíña de Conservas Pescamar
- Manteiga ou margarina
- 180 g. de puré de pataca
- 2 ovos
- 1 cullerada rasa de fermento en po
- ¼ l. de aceite
- ¼ l. de auga
Preparación:
Poñemos no lume un cazo con auga e manteiga (ou margarina) e, cando estea ben quente, engadimos o puré de pataca e mesturamos ata que quede moi espeso. Reservamos un pequena cantidade de puré para usala máis tarde.
Tomamos a lata de Bacallau á biscaíña de Conservas Pescamar. Reservamos a salsa. Desfacemos o bacallau e engadímolo á masa. Mesturamos a lume lento.
A continuación, incorporamos os ovos, un a un, e o fermento. Deixamos repousar 2 minutos.
Poñemos o aceite para quentar e fritimos en porcións esféricas.
Nunha manga pasteleira, engadimos o puré restante e decoramos con el un prato, sobre o que se situarán os bolos de bacallau. Poñeremos ao redor a salsa da lata de Bacallau á biscaíña de Conservas Pescamar, que previamente quentariamos.
En quince días, os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.