O boxeo, unha ferramenta en Sanxenxo para o empoderamento e a autoestima feminina

Sanxenxo
05 de novembro 2025

Un total de quince mulleres participan no curso gratuíto de boxeo impulsado desde o CIM de Sanxenxo e que se imparte os martes e os xoves no pavillón municipal de Vilalonga

Participantes no curso de boxeo organizado polo CIM de Sanxenxo

Quince mulleres decidiron recorrer á práctica dunha disciplina deportiva como o boxeo co obxectivo de empoderarse e de fomentar a súa autoestima en grupo.

Son as participantes do curso gratuíto impulsado desde o CIM de Sanxenxo e que comezou este martes no pavillón municipal de Vilalonga con todas as súas prazas cubertas.

O curso, que imparte o Pibe's Club Boxeo, ten unha duración de seis meses.

Mediante exercicios grupales físicos, as participantes traballarán aspectos tan importantes como a adhesión a un grupo ou as habilidades sociais de cooperación e, sobre todo, fomentarán a súa autoestima dunha forma saudable.

O boxeo, segundo os responsables desta actividade, supón un adestramento moi completo que axuda a aumentar a resistencia física e a mellorar a capacidade aeróbica da persoa.

Ao mesmo tempo, produce grandes beneficios para a saúde mental, xa que é un bo catalizador de enerxía e emocións.

Os seus movementos e golpes axudan a descargar a tensión acumulada, a tensión e a ansiedade.

Ademais, subliñan que practicar boxeo de maneira regular implica un aumento da autoestima, un incremento da produción de endorfinas que xeran e favorece a autodisciplina.

Este é o segundo ano que leva a cabo esta iniciativa, que xa o pasaso ano tivo moito éxito entre as mulleres de Sanxenxo.

Si algunha persoa máis está interesada en participar, pode contactar co CIM en formacioncim@sanxenxo.org e anotarse na lista de espera por se se produce algunha baixa durante o curso.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora