Reforzo para a Operación Centinela Gallego ante a crítica situación dos incendios forestais en parte da comunidade.
O Estado Maior da Defensa confirmou o despregamento dun maior número de tropas nas zonas afectadas de Ourense e o sur de Lugo.
En concreto a Brigada Galicia VII, Brilat, con base en Pontevedra despregou 10 novas patrullas, ao que se suman dúas máis do Terzo Norte de Infantaría de Mariña que se despregaron no sur da Coruña.
Tamén se engadiron ao dispositivo un camión alxibe, un camión cisterna e dúas ambulancias tipo soporte vital básico.
En total o número de patrullas da Operación Sentinela ascende xa a 47, con preto de 200 militares que colaboran para tentar cortar a extensión dos incendios forestais que están a golpear con dureza este verán a Galicia.
No que respecta unicamente á Brilat, o seu número de patrullas despregado elevouse a 40.
Xunto a estes medios sobre o terreo, unha unidade de vixilancia aérea con avións tripulados traballa de forma remota no operativo en horario de diúrno e nocturno.
Esta operación militar de loita contra losincendios forestais permanecerá activa até o próximo 30 de setembro.