Caldas sairá á rúa este 25N contra a violencia machista

Umia
23 de novembro 2021

"Vén e participa" é o lema baixo o que o Concello de Caldas está a organizar unha concentración contra a violencia machista que se celebrará o próximo 25 de novembro, día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres. Será nas Palmeiras, entre as 11:00 e as 13:00 horas

Pancarta contra a violencia machista en Caldas Concello de Caldas de Reis

"Vén e participa" é o lema baixo o que o Concello de Caldas está a organizar unha concentración contra a violencia machista que se celebrará o próximo 25 de novembro, día internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres.

Será nas Palmeiras, entre as 11:00 e as 13:00 horas. No caso de choiva trasladarase ao centro comarcal da Tafona, segundo explicou a concelleira de Igualdade, Inés Fuentes.

Este será un dos grandes actos programados en Caldas para esta xornada, que incluirá tamén  a gala de anuncio dos gañadores do concurso de prevención da violencia de xénero e unha declaración institucional por parte da corporación municipal.

O venres 26 representarase no auditorio o espectáculo Micromachista, eu? do grupo A Trastenda dos Contos - Caxoto, dirixido ao alumnado de primeiro de bacharelato do IES Aquis Celenis e dos ciclos formativos do CPR San Fermín.

Para o domingo 28 realizarase a terceira andaina pola igualdade e contra a violencia de xénero, que cubriu en só dous días as 300 prazas ofertadas.