Os bulos machistas alagan nos últimos tempos as redes sociais, e contra eles vai dirixido a campaña lanzada polo PSOE de Pontevedra coincidindo co Día Internacional da Muller.
A través dun vídeo compartidos en diferentes canles e redes sociais e protagonizado por representantes da agrupación local socialita, pretenden concienciar sobre as manobras de desinformación contra as políticas de igualdade.
'Hai denuncias falsas masivas, homes asasinados ocultos ou suicidios silenciados'; 'Ela fala e eu vou ao cárcere'; 'As barreiras laborais, a fenda salarial e os teitos de cristal son unha invención: homes e mulleres temos as mesmas oportunidades'; 'A Lei contra a Violencia de Xénero criminaliza os homes'... Son algúns dos exemplos de bulos machistas que se poden atopar con relativa facilidade.
Esta campaña, explican, pretende combater con datos e información contrastada todas estas mentiras.
"Trátase dunha peza audiovisual na que pomos o foco nesas mentiras machistas que colonizan as redes e que teñen o obxectivo de construír un relato que busca erosionar a confianza nas políticas de igualdade e no propio sistema democrático", explica o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes.
Participan ademais no mesmo a parlamentaria autonómica Pomba Castro e os concelleiros Yoya Branco, Manuel Fariña, Marcos Rei e Carmen Hermo.
♀️ 📹 Unha campaña lanzada polos socialistas de Pontevedra con motivo do 8M insta á cidadanía a combater os bulos machistas amplificados polas redes sociais 💜✊🏼#Desinformación #FeminismoGalego #Desigualdade pic.twitter.com/0ricmMMnIt
— PSOE Pontevedra (@PSOEPonte) March 7, 2026
"Dous de cada tres adolescentes desprezan o feminismo. Ese é o custo da desinformación. Se o machismo organízase nas redes, a democracia debe responder con máis igualdade", defenden.
Entre os bulos desmentidos na campaña figura o de que 'a maioría das denuncias que presentan as mulleres por violencia de xénero son falsas', cando os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial sinalan que representan soamente o 0,02% do total.
Tamén afirman que no a actualidade apenas o 3% dos CEO en empresas son mulleres e que unicamente ocupan entre un 22 e un 29% de cargos directivos e postos en consellos de administración.
Exemplos que serven para poñer o foco nunha realidade na que a fenda salarial rolda o 16% en Galicia, que reflicte que un 83% das mulleres recoñecen ter medo cando volven a casa soas pola noite, ou que o 14,5% das mulleres de 16 ou máis anos que residen en España sufriu violencia sexual.
O vídeo elaborado polo PSOE foi difundidado a travñes de Instagram, Facebook, TikTok e a rede social X.