Cancelado o Día de Colón en Poio pola previsión de choivas

Poio
19 de outubro 2023

De momento, non hai nova data. Nos próximos días manterán unha reunión para acordar unha nova data. Este ano 2023 o Día de Colón chega á súa décima edición tras cinco anos sen organizarse da man do Concello e das asociacións Combrus, Laretas e Vides Novas

Celebración do Día de Colón
Celebración do Día de Colón

A previsión de choivas para esta fn de semana levou ao Concello de Poio e aos colectivos organizadores a suspender a conmemoración do Día de Colón e os actos previstos para este venres 20 e o sábado 21 de outubro.

Estaba previsto que este venres e sábado as rúas do centro histórico de Combarro se encheran de ambiente e animación medievais, cunha programación pensada para todas as idades e que busca defender a teoría da ascendencia galega do navegante e reivindicar a figura do Colón de Portosanto

Finalmente, ante as previsións meteorolóxicas que prevén choivas continuadas durante toda a fin de semana, optouse pola súa suspensión.

De momento, non hai nova data para a celebración. Segundo a información facilitada polo Concello de Poio, nos próximos días manterán unha reunión para acordar unha nova data na que celebrar a festa medieval. 

Este ano 2023 o Día de Colón chega á súa décima edición tras cinco anos sen organizarse da man do Concello en colaboración coas asociacións Combrus, Laretas e Vides Novas.