Cañita Brava, pregoeiro do Entroido de Verán

Pontevedra
30 de xuño 2014

O pregón ofrecerase este sábado 5 de xullo, ás 22.30 horas, dende o balcón da Casa da Luz. Foi escollido, segundo a organización desta festa, por ser "un dos máis mediáticos, pola súa singularidade, sentido do humor e fama a nivel internacional"

Cañita Brava en 'Vaya V', o programa que copresenta actualmente en V Television V Television

Cañita Brava, o popular personaxe que saltou á fama grazas ao programa de televisión El semáforo de TVE e posteriormente pola súa participación na saga cinematográfica de Torrente, será o encargado de dar o pregón de apertura do Entroido de Verán de Pontevedra 2014. Así o comunicou este lunes a comisión organizadora.

O pregón ofrecerase este sábado 5 de xullo, ás 22.30 horas, dende o balcón da Casa da Luz. Cañita Brava será presentado pola concelleira de Turismo, Carlota Román, que estará acompañada polos hostaleiros locais impulsores desta iniciativa.

Foi escollido, segundo a organización desta festa, por ser "un dos máis mediáticos, pola súa singularidade, sentido do humor e fama a nivel internacional".

O Entroido de Verán de Pontevedra terá como eixe temático o histórico Baile do Pino, que funcionaba en Pontevedra dende a década dos 40-50 e que formaba parte moi activa da oferta lúdica daquela cidade de mediados de século. Polo tanto, animan a todos os pontevedreses a caracterizarse axeitadamente como unha homenaxe a aqueles mozos e mozas, hoxe xa entrados en anos.