Caretas para reclamar traballo ás portas do Concello

Pontevedra
11 de novembro 2015

Representantes del comité de empresa de Elnosa concentráronse ante el edificio municipal con caretas de algúns concelleiros do grupo de goberno e do presidente da APDR, Antón Masa. Piden a continuidade da fábrica en Lourizán

Concentración do comité de empresa de Elnosa ante o Concello Cristina Saiz

Con sentido do humor, o comité de empresa de Elnosa concentrouse na mañá deste mércores 11 ás portas do Concello de Pontevedra portando caretas do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; dos concelleiros César Mosquera, Agustín Fernández e Carme da Silva ou do presidente da Asociación da Defensa da Ría, Antón Masa.

Avelino García, máximo representante dos traballadores, indicou que a concentración se realizaba coas caretas daqueles que "nos queren ver pechados"

O presidente do comité de empresa de Elnosa indicou que é necesario que o alcalde de Pontevedra acceda a reunirse coa dirección da electroquímica para coñecer o cambio tecnolóxico que proxecta coa intención de permanecer en Lourizán. 

Os representantes sindicais sinalan que esta obra non supoñerá cambio algún na actividade da factoría e garantirá o futuro laboral dos traballadores desta empresa en Pontevedra. A vindeira semana volverán concentrarse ante o Concello e teñen solicitada a súa intervención no pleno da Deputación.

Arquivado en