Carlos Moreno, asesor da alcaldesa de París, afirma que o coche é un símbolo machista do século pasado

Pontevedra
24 de outubro 2018

O investigador colombiano, que leva 40 anos residindo en Francia é o actual asesor da alcaldesa Anne Hidalgo para crear una ciudad en la que se reduzca la emisión de CO2. Este xoves 25 participará no III Forum RIES 18: Cidades intelixentes, saudables e amigables, que se celebra no Pazo da Cultura 

Visita do investigador Carlos Moreno á cidade
Visita do investigador Carlos Moreno á cidade / Mónica Patxot
Carlos Moreno explica que o coche é unha herdanza do século pasado, símbolo de riqueza e machismo /

Carlos Moreno é un investigador da Paris I- Pantheon Sorbonne, experto en control intelixente de sistemas complexos e presidente da InTI (Innovación, Tecnoloxía e Investimento) e ademais é asesor da alcaldesa de París Anne Hidalgo.

O conferenciante principal do III Forum RIES 18, que se celebra a partir deste xoves 25 no Pazo da Cultura, mantiña con outros membros da organización deste evento un encontro co alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, co que realizou un percorrido polo centro da cidade.

Moreno afirma que a iniciativa do goberno local de promover unha cidade na que se reduza o uso dos vehículos de motor é un cambio de paradigma que permite que as persoas se convertan en prioridade fronte aos turismos. 

Para este investigador os coches son unha herdanza do século pasado, un símbolo dunha sociedade "machista" e aposta porque de cara o futuro poténciense sistemas de transporte público e o seu uso "con orgullo" por parte da cidadanía.

Sinala que é necesario un cambio de consumos e comprometerse ante o cambio climático co obxectivo de en o próximos cinco anos rebaixar á metade as emisións de CO2. Neste sentido, Moreno indica que é necesario cuestionarse o actual modo de vida urbano nas grandes cidades

Aposta por cidades que permitan a convivencia, que reduzan a hiperconexión actual e que promovan a xestión do tempo para gozar e non só para traballar. Neste sentido sinalou que en París, a alcaldesa tenta realizar cambios coa supresión das autoestradas urganas e o control das emisións, pero tamén indicou que se está atopando con moitas presións por parte de lobbys empresariais

Anne Hidalgo, segundo explicou, enviaba un saúdo ao alcalde de Pontevedra destacando a importancia de apostar por cidades inclusivas. 

Moreno será o relator principal do Fórum, que a partir deste xoves, analizará a saúde e a calidade de vida das persoas. Neste evento, presidido por Lucía Saborido, participan ao redor de 300 expertos do ámbito socio sanitario con presenza de especialistas de Portugal, Francia, Estonia e Israel.