Carmen Lomana aportará o seu 'glamour' a PONMO: acudirá o desfile do sábado

Pontevedra
26 de setembro 2013

O certame Pontevedra Moda (PONMO) fixo este xoves unha incorporación de última hora. Da man da empresa ALALÁ, firma galega de alta costura, confirmouse a presenza de Carmen Lomana no "front row" do seu desfile do sábado 28 de setembro

Carmen Lomana, especialista en moda e experta en glamour www.carmenlomana.com

O certame Pontevedra Moda (PONMO) fixo este xoves unha incorporación de última hora. Da man da empresa ALALÁ, firma galega de alta costura, confirmouse a presenza de Carmen Lomana no "front row" do seu desfile do sábado 28 de setembro.

Carmen Lomana, especialista en moda e icona da elegancia, asistirá ao desfile de presentación da nova colección de ALALÁ e tamén ofrecerá unha charla sobre moda e glamour aos asistentes ao ciclo de conferencias PONMO, que terá lugar o sábado, 28 de setembro, ás 18.45 horas no Recinto Feiral. Ademais asinará exemplares do seu novo libro O glamour intelixente, que dará comezo ao finalizar a súa charla.

Será a primeira vez en moito tempo que Carmen Lomana estea en Pontevedra e unha ocasión singular para "reencontrarse cos seus recordos e corroborar o agarimo que lle profesa a Galicia", sinalan desde a organización de PONMO.

Esta confirmación súmase á de Carla Royo-Villanova e Guillermina Royo-Villanova, que estarán acompañadas polos xornalistas de medios nacionais Paloma Barrientos, Adriano Silva (director da axencia IPA Press), Carlos Pérez Gimeno e Jesús Manuel Ruiz González e o fotógrafo de moda Jesús Briones.