Casa Solla, Culler de Pau, Pepe Vieira e Yayo Daporta renovan un ano máis a súa estrela Michelín

Poio
21 de novembro 2013

Pontevedra volve demostrar o bo momento gastronómico no que se atopa a súa cociña. Nunha gala celebrada no museo Guggenheim de Bilbao, a Guía Michelín volveu a repartir as súas tradicionais estrelas, o recoñecemento que outorga aos mellores restaurantes de España e Portugal. E de novo, a provincia pontevedresa contará con seis restaurantes recomendados nesta prestixiosa publicación

Pepe Solla, nunha recente imaxe promocional
Pepe Solla, nunha recente imaxe promocional / Estrella Galicia

Pontevedra volve demostrar o bo momento gastronómico no que se atopa a súa cociña. Nunha gala celebrada no museo Guggenheim de Bilbao, a Guía Michelín volveu a repartir as súas tradicionais estrelas, o recoñecemento que outorga aos mellores restaurantes de España e Portugal. E de novo, a provincia pontevedresa contará con seis restaurantes recomendados nesta prestixiosa publicación.

Non hai cambios con respecto ao ano pasado. De novo logran unha estrela Michelín os restaurantes Casa Solla e Pepe Vieira (Poio), Culler de Pau (O Grove), Yayo Daporta (Cambados), Sibalario (Tui) e Maruja Limón (Vigo). En total, Galicia repite as once distincións de 2013, xa que a incorporación de Árbore da Veira (A Coruña) compensa a saída de Casa Marcelo (Santiago), cuxo propietario, Marcelo Tejedor, decidiu reorientar o seu negocio.

Os responsables da Guía Michelín destacaron que "nun contexto económico difícil, os restauradores souberon atopar o seu lugar, ofrecendo un panorama gastronómico maduro, cunha oferta diversificada e novas fórmulas que enriquecen o sector".