Case 100.000 euros para a reforma da cuberta do IES Sánchez Cantón

Pontevedra
09 de setembro 2015

O IES Sánchez Cantón, un dos principais institutos da cidade de Pontevedra, estreará en próximos días a súa nova cuberta. Será unha estrutura coa que a Xunta de Galicia pretende acabar dunha vez por todas cos problemas de humedades que se rexistran no centro escolar

Obras de reforma da cuberta do IES Sánchez Cantón Mónica Patxot

O IES Sánchez Cantón, un dos principais institutos da cidade de Pontevedra, estreará en próximos días a súa nova cuberta.

Será unha estrutura coa que a Xunta de Galicia pretende acabar dunha vez por todas cos problemas de humedades que se rexistran no centro escolar.

En concreto, a consellería de Cultura e Educación investiu 97.534 euros nesta actuación que, segundo avanzan dende a delegación territorial, estará rematada antes de que comecen as clases a próxima semana.

Nestas obras, retirouse gran parte da cuberta actual e colocáronse novos materiais de cubrición. A solución aplicada foi a instalación dunha cuberta de panel sándwich. Ademais, arranxáronse as baixantes e os caneiros de toda a estrutura.

O investimento realizado nesta renovación da cuberta foi sufragado integramente pola consellería de Cultura e Educación.