A Deputación de Pontevedra en colaboración co Incipit (CSIC) organizaron este sábado a visita a Castrolandín, en Cuntis. O acto estivo guiado polo arqueólogo Carlos Otero, que explicou a forma de vida das persoas que habitaban no lugar.
Asistiron 15 persoas en aforo reducido, entre elas a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias; o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, e os representantes da fundación Terra Termarum Carmen Cajide e Roberto Ameijeiras.
"Cuntis vai a ser unha referencia para Galicia", destacou Carmen Cajide con motivo da visita ao castro. "Levábamos un parón significativo e esto vai ser un impulso. Esperamos que sexa un atractivo máis para o turismo", sector moi castigado pola pandemia da covid-19.
Pola súa banda, a deputada de Turismo insistiu no valor deste tipo de acto nos que poñen en valor os castros da provincia. "Entendemos que é moi importante seguir na investigación e conservación dos nosos castros", explicou Iglesias. "Temos un patrimonio cultural de xacementos importantísimo. Hai poucos sitios de España que poidan tener tanta calidade e cantidade", subliñou
Ademáis desta visita, a Deputación e o CSIC están organizando actos en Castro de Bendoiro e Castro Montaz.