Catro aspirantes para cada praza de policía local que ofertará Sanxenxo no verán

Sanxenxo
27 de maio 2025
Actualizado: 16:39

O primeiros quince auxiliares incorporaranse o próximo 15 de xuño e os outros quince farano a partir do 1 de xullo, unha vez que se complete o proceso selectivo

Policía Local de Sanxenxo
Policía Local de Sanxenxo / Mónica Patxot

Até trinta serán os auxiliares de policía local que seleccionará Sanxenxo para reforzar o persoal deste corpo municipal durante os meses de verán.

Será a través dunha bolsa de emprego que xa foi convocada e á que se presentaron un total de 123 candidatos e candidatas. É dicir, catro aspirantes por cada praza.

O Concello solicitou á Axencia Galega de Seguridade Pública que se encarguen das probas selectivas no municipio, de forma que se poida dunha bolsa coa que reforzar o persoal fixo, formada por 23 policías e catro auxiliares de policía fixos descontinuos.

As persoas aspirantes deberán realizar as tres probas incluídas no proceso de selección: un cuestionario de 50 preguntas tipo test, unha proba de coñecemento de galego e outra de aptitudes físicas.

Os membros do tribunal de selección reuníronse esta mañá no salón de plenos para fixar os prazos das probas.

A teórica realizarase este venres no salón de actos do Pazo Emilia Pardo Bazán e as probas físicas celebraranse a próxima semana no campo de fútbol municipal de Baltar.

Os que superen o proceso de selección e integren a lista de reserva deberán completar un curso teórico-práctico obrigatorio, impartido pola Agasp, para poder ser contratados.

Esta formación constará de 24 horas presenciais e ten como propósito preparar aos futuros auxiliares para desempeñar as súas funcións de maneira efectiva durante o período de contratación.

O primeiros quince auxiliares incorporaranse o próximo 15 de xuño e os outros quince farano a partir do 1 de xullo.