Causa danos no mobiliario urbano de Cambados co seu Golf e dá positivo en alcoholemia

O Salnés
31 de decembro 2023

O accidente producíase arredor das 01.00 horas da noite deste domingo 31 de decembro. O condutor, veciño de Cambados, rexeita asistencia sanitaria. A Garda Civil de Tráfico e Atestados instrúen dilixencias ao realizar a proba de alcoholemia e comprobar o resultado positivo do condutor

Danos causados no accidente na avenida de Galicia, en Cambados
Danos causados no accidente na avenida de Galicia, en Cambados / Servizo de Emerxencias

Un condutor, veciño de Cambados, causaba danos en diferentes elementos do mobiliario urbano situado na avenida de Galicia, no municipio cambadés. cando circulaba cun Volkswagen Golf arredor das 01.00 horas deste domingo 31 de decembro.

O servizo de Emerxencias do Concello de Cambados desprazouse ata a zona ante o sinistro. O condutor rexeitaba asistencia sanitaria despois de impactar contra a fachada dunha casa provocando diversos estragos.

Ata o lugar tamén se desprazaban axentes da Garda Civil de Cambados, Garda Civil de Tráfico e Atestados.

Unha vez realizada a proba de alcoholemia, comproba que o condutor ofrece un resultado positivo por consumo de alcohol. Os axentes instrúen dilixencias para que o xulgado tramite o caso.