Tres persoas resultaban feridas na colisión entre dous vehículos que se rexistraba na tarde deste 17 de xaneiro na estrada PO-550 ao seu paso por Dena, no municipio de Meaño.
O accidente producíase ao impactar un turismo no que circulaba un home e un taxi no que viaxaba un adulto e un menor de oito anos de idade.
O taxista, de 47 anos, e veciño de Meaño sufriu dor cervical e dor lumbar. Foi trasladado ao Hospital Quirón Salud.
O neno de 8 anos que circulaba no taxi sufría dor cervical e a posible rotura do brazo dereito. Foi trasladado a Urxencias da área pediátrica do Hospital Provincial de Pontevedra para comprobar as feridas.
O condutor do outro vehículo, de 34 anos, trasladábase tamén ao Hospital Quirón Salud de Pontevedra polos seus propios medios para ser atendido das feridas.
Ademais do servizo de Emerxencias do Concello de Cambados tamén interviñan ambulancias do 061, Emerxencias Sanxenxo e unha patrulla da Garda Civil de Tráfico e Atestados para determinar as causas do sinistro.