Dúas persoas resultan feridas en Cambados ao saír da vía e impactar contra un poste da luz

O Salnés
21 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

O condutor e a copiloto, de 67 e 65 anos, sufrían este accidente arredor das 04.00 horas en San Antón, Vilariño, no municipio de Cambados. Ámbolos foron evacuados polo 061 ao Hospital do Salnés por dor torácica, lumbar e cervical 

Estado en que quedou o vehículo tras saír da vía en Vilariño
Estado en que quedou o vehículo tras saír da vía en Vilariño

Dúas persoas veciñas de Vilanova de Arousa eran evacuadas na madrugada deste xoves 21 despois de resultar feridas nun accidente que se producía no municipio de Cambados.

Por causas que se investigan, o condutor, de 67 anos, perdía o control do vehículo e impactaba frontalmente contra un poste da luz situado en San Antón, na parroquia de Vilariño.

Tanto o condutor como a muller coa que viaxaba no posto de copiloto, de 65 anos, eran trasladados polo servizo do 061 ao Hospital do Salnés con dor torácica, lumbar e cervical.

O vehículo causaba danos no farol público, segundo informa o servizo de Emerxencias do Concello de Cambados

Ademais do servizo de Emerxencias tamén acudiron ao lugar axentes da Garda Civil de Tráfico.