Cedofeita presenta o número 25 da súa revista onde se aborda a reforma da Lei de Montes Veciñais

Pontevedra
17 de outubro 2022

A presentación deste último número será este mércores 19 de outubro a partir de las 20.00 horas na sede da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo na Casa das Campás nun acto coordinado por Xosé L. Estévez Solla

Presentación da revista Cedofeita en Lérez Asociación sociocultural Cedofeita

Este mércores 19 ás 20.00 horas, a Asociación Socioculutral Cedofeita de Lérez ofrecerá unha presentación do último exemplar da revista que edita na Casa dás Campás, sede da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

Xosé L. Estévez Solla coordina un acto no que participarán José M. Pidre Novás, Amancio Castro González e Xosé Carlos Morgade Martínez, autores dos artigos que analizan a industria téxtil dos irmáns Lles en Pontevedra; árbores curiosas da Xunqueira do Covo; e a intención das comunidades de montes de reformar a Lei de Montes Veciñais, respectivamente.

A revista, que chega ao seu número 25, presenta outros artigos sobre temas como defensa do rural, as virxes do Camiño e Peregrina; heráldica local; represión franquista, literatura; simboloxía funeraria e seres imaxinarios; entre outras. Ademais, o exemplar ofrecerá as súas seccións habituais coa última exposición dedicada ás vías de comunicación de Lérez

As persoas que asistan ao acto recibirán un exemplar da revista Cedofeita.