Un total de 525 persoas, 455 empadroadas, inscribíronse no censo municipal de vivenda aberto polo Concello de Sanxenxo para coñecer a demanda no municipio.
O prazo de solicitude abriuse o 17 de marzo e ampliouse até o 6 de maio, dous días máis do previsto polo apagamento eléctrico.
O Concello informou que nas próximas semanas, realizarase un traballo de filtrado requirindo a documentación necesaria para saber si os solicitantes cumpren os criterios de Instituto Galego de Vivenda para optar a vivenda social.
En canto á distribución por parroquias, Padriñán (165) e Adina (146) concentran o 68% de solicitudes, seguidas de Vilalonga (50), Noalla (37), Dorrón (29), Bordóns (15) e Nantes (13).
Por idades, os tramos con maior número de demandas atópanse nos de 18-35 anos, 236 solicitudes, e de 36-45 anos, 170.
Nos resultados do estudo tamén se reflicte unha preferencia pola compra (410), aluguer (93) e ambas as opcións (22).
O Concello dispón de solo para executar 150 vivendas procedentes do desenvolvemento urbanístico derivado da PXOM aprobado en 2003.
O Concello explorará as distintas posibilidades para executalas xa que ben poderían ser cedidas á Xunta ou promovidas polo propio Concello para o seu desenvolvemento, pero sempre seguindo os requisitos que marca a Lei de Vivenda de Galicia.