Cerdedo-Cotobade alegará contra o parque eólico de Porto Vidros

Cerdedo Cotobade
15 de maio 2021

Os plans para desenvolver novos parques eólicos en terreos de Cerdedo-Cotobade está a atopar unha frontal oposición política e veciñal. Tanto é así que o goberno municipal avanzou que vai a alegar contra un destes proxectos, o coñecido como Porto Vidros

Asemblea veciñal polos parques eólicos
Asemblea veciñal polos parques eólicos / Concello de Cerdedo-Cotobade

Os plans para desenvolver novos parques eólicos en terreos de Cerdedo-Cotobade está a atopar unha frontal oposición política e veciñal. Tanto é así que o goberno municipal avanzou que vai a alegar contra un destes proxectos, o coñecido como Porto Vidros.

Este parque, que tamén afectaría a Campo Lameiro, non é do gusto do Concello ao entender que sería "esaxerada" a concentración de proxectos eólicos no municipio, algo que afectaría "de xeito directo" á súa beleza paisaxística e medio ambiental.

Ademais, consideran que o xeito de vida de moitos lugares que se poden ver alterados pola presenza próxima ás casas dos aeroxeradores.

Así o apunta o informe da empresa Tysgal, consultora especializada na defensa medioambiental contratada para levar a cabo as alegacións que o Concello presentará en defensa dos intereses dos veciños e do propio municipio.

As alegacións que presentará o Concello tamén incide na posibilidade de que varios proxectos eólicos estivera burlando o procedemento administrativo a través dunha fragmentación interesada para evitar que se avalíe na súa totalidade o impacto medioambiental que ocasionan e sufrir un proceso de revisión menos exhaustivo que se fora un proxecto global.

Nunha asemblea veciñal celebrada no centro cultural de Cerdedo, o alcalde Jorge Cubela animou aos veciños e ás comunidades de montes a sumarse ás alegacións que presentará o Concello ou mesmo a emprender todas aquelas reclamacións ou observacións que consideren oportunas e que quixeran presentar antes de que remate o prazo o 21 de maio.

Para poder acceder ao asesoramento da técnico municipal de medio ambiente poderán facelo, previa cita, a partir do mércores onde o Concello conta con poder ter toda a documentación a disposición daqueles veciños ou comunidades de montes que queiran consultala.

Arquivado en