Cerdedo xa ten novo local social

Cerdedo Cotobade
14 de agosto 2019

O recinto conta con 290 metros cadrados nunha zona céntrica da localidade para dar cobertura aos cursos de formación e ás actividades dos distintos colectivos, con especial preferencia para a terceira idade e a gardería

Novo local sociocultural multiusos de Cerdedo Concello de Cerdedo-Cotobade

O Concello de Cerdedo-Cotobade finalizou coas obras da construción do seu novo local social multiusos en Cerdedo. Trátase dun recinto de 290 metros cadrados que elevan o inmoble ata os 585 metros contando co almacén municipal. 

O recinto permitirá acoller cursos de formación e moitas das actividades que se organizan ao longo do ano con especial preferencia para a terceira idade e a gardería.

A localización do multiusos atópase entre o CEIP San Xoán Bautista e o pavillón municipal e moi próximo ao cuartel da Garda Civil, a residencia e a gardería, contando cunha situación estratéxica e moi céntrica dentro do núcleo.

Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade quixo mostrar a súa satisfacción ante a finalización das obras coas que terminan as actuacións previstas e coas que "quedan atendidas todas as necesidades dos veciños e das súas actividades culturais e formativas".