Cerponzóns presenta o seu programa cultural con motivo da celebración do seu milenio

Pontevedra
20 de febreiro 2019

A Asociación de Veciños O Chedeiro, xunto á Concellalía de Cultura do Concello de Pontevedra, e coa colaboración da Asociación Cultural Chan do Monte e a Comunidade de Montes de Cerponzóns programaron unha ampla oferta cultural para todo o ano 2019 con motivo da celebración do milenio da parroquia

O antropólogo Rafa Quintía e a vicepresidenta da Asociación de veciños de Cerponzóns, Ángeles Tourón
O antropólogo Rafa Quintía e a vicepresidenta da Asociación de veciños de Cerponzóns, Ángeles Tourón / Asociación de Veciños O Chedeiro

A Asociación de Veciños O Chedeiro, xunto á Concellalía de Cultura do Concello de Pontevedra, e coa colaboración da Asociación Cultural Chan do Monte e a Comunidade de Montes de Cerponzóns programaron unha ampla oferta cultural para todo o ano 2019 con motivo da celebración do milenio da parroquia.

Esta programación pretende poñer en valor e divulgar o patrimonio cultural, dando a coñecer aos veciños de Cerponzóns diferentes aspectos da parroquia de interese histórico, arqueolóxico, antropolóxico e etnográfico.

A programación tamén inclúe unhas xornadas de convivencia e actividades de lecer.

O equipo multidisciplinar da empresa Ab Origine. Antropoloxía, Produción e Xestión Cultural, encargouse de dar contido a esta programación contando para elo co antropólogo Rafa Quintía; o vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda, Valentín G. Bóveda; a antropóloga e técnica de turismo, Cristina Valdés; e o doutor en historia, Buenaventura Aparicio.

O entroido en Galiza, A festa dos Maios, Introdución á mitoloxía galega, serán algúns dos contidos das charlas que serán impartidas ao longo de todo o ano no Centro Social e a Casa do Pobo.