A alcaldesa de Marín, María Ramallo, xunto cos concelleiros Manuel Santos e Marián Sanmartín, presentaron este venres as Festas de Cantodarea que organiza o Concello, para manter viva esta tradición festeira da vila co gaio do Día de San Xosé Obreiro.
Fixéronno acompañados da Asociación de Veciños da zona, presentando unha programación de actividades para o 30 de abril e o 1 de maio.
O domingo 30 de abril, ás 20 horas, sairán pasarrúas a cargo da Charanga Jalácticos e da Batucada Axé Bahía. Xa as 22 horas comeza a verbena a cargo da Orquesta Magos na Praza do Regueiro.
O día seguinte, o luns 1 de maio, ás 11 da mañá comezan os pasarrúas con Airiños de San Xulián. Ao medio día haberá fogos coincidindo co comezo da misa en San Xosé de Cantodarea.
A unha da tarde comeza o Baile e tamén pasarrúas con Trompos Os Pés e pola tarde, ás seis, será con Pousos de Area.
A procesión sairá ás sete da tarde acompañada da Banda de Música da Brilat.