Chegan as primeiras multas do novo radar da Policía Local por superar os 30 por hora

Pontevedra
28 de novembro 2017

Non se puxo ningunha multa pola mañá, pero pola tarde caeron as primeiras catro multas "por dobrar a velocidade permitida" de 30 quilómetros por hora na Avenida de Montecelo, informaron desde a Xefatura Local. A campaña prolongarase ata o 8 de decembro.

Estrea do novo radar da Policía Local Mónica Patxot

A Policía Local de Pontevedra estreou este martes o radar recentemente adquirido. Foi en dous controis da velocidade establecidos no Lugar de Arco na parroquia de Lérez, na avenida de Lugo e na avenida de Montecelo.

Non se puxo ningunha multa pola mañá, pero pola tarde caeron as primeiras catro multas "por dobrar a velocidade permitida" de 30 quilómetros por hora na Avenida de Montecelo, informaron desde a Xefatura Local.

A campaña prolongarase ata o 8 de decembro.

O intendente xefe da Policía Local, Daniel Macenlle, sinalou a existencia de excesos de velocidade en puntos do municipio como a avenida de Compostela, a subida a Montecelo, Rafael Areses, Médico Ballina, As Corbaceiras e Bos Aires.

A xornada serviu tamén para que os axentes municipais adquiran experiencia no uso deste dispositivo xa que, como calquera outro aparello electrónico, os primeiros días adoitan cometerse algúns fallos no manexo pola falta de práctica.