Chegou o Animatrón ao parque das Palmeiras

Pontevedra
31 de xullo 2018

Actividades de animación, xogos, obradoiros, actuacións... para os máis pequenos

Animatrón nas Palmeiras Mónica Patxot

Chegou unha nova edición de Animatrón ao parque das Palmeiras. Dende este martes 31 de xullo e ata o venres 3 de agosto, en horario de 18.00 a 21.00 horas, os máis pequenos teñen unha cita co xogo e diversión.

Actividades de animación, zancudos, pallasos, monociclistas, a ludoteca "Constrúe a túa nova cidade", inchables pu obradoiros de maquillaxe converterán ás Palmeiras no lugar preferido da cativada durante toda a semana.

Tamén haberá actuacións de Cé-Home Orquestra, Mago Leo Leliño, Noel espectáculo "Que curiosos" e xogos musicais.

Ademais, Animatrón ofrece obradoiros temáticos cada día con Tarde cavernícola, Son un artista, Olimpiadas para rir e Xogos populares galegos.