Cheo absoluto nas praias nunha calorosa primeira fin de semana de verán

Marín
25 de xuño 2023

O bo tempo durante toda a fin de semana encheu de bañistas as praias da comarca coincidindo cos primeiros días oficiais de verán, e coa gran maioría de areais ofrecendo xa todos os seus servizos ao completo

Cheo nas praias coincidindo coa primeira fin de semana de verán

O verán xa está aquí, e chegou con sol e altas temperaturas que se manterán aínda nas próximas xornadas.

Así o prognostica MeteoGalicia, e así o testemuñaron as praias da comarca durante unha fin de semana na que a calor, con ata 30 graos de máxima, encheu os areais para gozar dos primeiros baños da tempada.

É unha das imaxes da fin de semana, a das praias cheas, algunhas ata case a bandeira, coincidindo ademais co inicio da tempada oficial marcada polos concellos.

Isto fixo que a gran maioría de areais prestase xa todos os seus servizos, con balizamentos, sosorristas e baños habilitados.

Foi así ao longo da ría e notouse nas estradas, con tráfico especialmente denso nas horas punta especialmente de retorno tras a xornada de praia. Un inicio de verán que moitos esperaban ansiosos.