Chocolate para todos para dar a benvida ao Nadal en Marín

Marín
03 de decembro 2022

Unha chocolatada solidaria organizada por diversas ONG foi este venres a antesala á chegada do Nadal a Marín. A partir das 18.30 horas, toda a localidade quedou iluminada para as festas e a poboación puido gozar tamén dos outros grandes atractivos deste ano: as rutas do Tren de Nadal na Alameda e a feira de Artesanía de Galicia 

Tren de Nadal en Marín 2022
Tren de Nadal en Marín 2022 / Concello de Marín

Unha chocolatada solidaria organizada por diversas ONG foi este venres a antesala á chegada do Nadal a Marín. Tras tomar chocolate quente, chegou o momento máis esperado desta época do ano, a inauguración da iluminación, que contou cunha ampla representación do Goberno local, encabezada pola alcaldesa, María Ramallo. 

A partir das 18.30 horas, toda a localidade quedou iluminada para as festas e a poboación puido gozar tamén dos outros grandes atractivos deste ano: as rutas do Tren de Nadal na Alameda (que empezou a circular ás 17.30 deste venres) e a feira de Artesanía de Galicia .

A cita coa artesanía foi nas casetas que se atopan no recinto da Alameda, que permanecerán abertas ata o 11 de decembro, en horario de 11.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.

Durante a primeira semana, a programación será a seguinte:

Sábado 3
· 19:00 horas - CINEMA DE NADAL Película PIKACHU, na Carpa da Alameda
Domingo 4
· 18:00 horas. Curso de arranxo floral. Organiza Asoc. Ballet de Galicia. Carpa da Alameda

Luns 5
· Comezan os Roteiros do Tren de Nadal nos centros escolares de infantil e primaria

Martes 6
· 17-21 horas. LUDOXORNADAS. Xogos de mesa a cargo dá asoc. Tempus Ludit. Alameda

Mércores 7
· 19:00 horas. Festival de Nadal da Escola Municipal de Música. Alameda

Xoves 8
· 17-21 horas. LUDOXORNADAS. Xogos de mesa a cargo da asoc. Tempus Ludit. Alameda

Sábado 10
· 17:00 - 21:00 horas. MINI MERCADO DE NADAL coas Anpas de Marín. Alameda
· 18:00 horas. CHOCOLATADA SOLIDARIA realizada polas Ong na Alameda
· 18:00 horas. Bailes de Nadal dos ZUMBIS. Alameda
· 19:00 horas. Concerto de Nadal da Banda de Música MUSIMARÍN. Alameda