As condicións meteorolóxicas impediron a celebración de todos os actos ao aire libre da Semana Santa pontevedresa desde o Xoves Santo -e tamén previamente o luns e o venres anterior-. Este sábado, de novo, obrigou á suspensión da procesión prevista para mediodía.
Desde o ano 2023, cada Sábado Santo a Confraría do Espírito Santo organiza unha procesión para o traslado da imaxe do Ecce Homo até a igrexa de Santiaguiño do Burgo, lugar habitual no que se recolle.
Este sábado, a Xunta Coordinadora da Semana Santa pontevedresa decidiu suspender ese traslado e substituílo por un acto no interior da igrexa do Burgo ás 12.00 horas.
O templo encheuse de fieis para o acto litúrxico, que estivo presidido pola imaxe do Ecce Homo.
Estaba nun recuncho da igrexa e trasladárono para presidir a cerimonia. Logo representaron en interior as Sete Dores de María Santísima.

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo

Misa de Sábado Santo na igrexa do Burgo
O habibual é que a imaxe do Ecce Homo percorra a cidade entre a basílica de Santa María e a igrexa de Santiaguiño, incluíndo sete paradas para a lectura do Sete Dores de María Santísima en Alonso de Fonseca, Cinco Rúas, Praza do Peirao, Ponte do Burgo, Praza de Santa Ana, Rúa Santiña e o atrio do templo do Burgo.
Tras a suspensión deste sábado, tan só queda un acto central da Semana Santa de Pontevedra pendente da choiva. Este domingo 20 de abril, está previstas ás 20.00 horas a Procesión do Encontro de Jesús Resucitado coa súa nai a Virxe María.
A imaxe dA nosa Señora do Amor Fermoso, acompañada pola súa Confraría e representacións, inicia a marcha desde a parroquia de San José e, de forma simultánea, a imaxe de Jesús Resucitado e as figuras de San Juan e María Magdalena, xunto coa Confraría da Maior Dor, parten da basílica de Santa María.
O encontro de todas as imaxes ten lugar na Praza da Ferrería. Alí, leva a cabo un sermón e interpretación de motetes, elementos que agregan profundidade espiritual e cultural ao evento. Unha vez concluído este acto central, unifícanse todas as imaxes e participantes nunha soa procesión de regreso á parroquia de San José.