A humanización do núcleo de Arra e a mellora paisaxística e urbana da contorna do pavillón de deportes e o centro de día de Baltar continúan adiante a pesar do mal tempo.
Aínda que as continuas choivas están a dificultar a marcha das obras, o Concello de Sanxenxo mantén que en ambos os dous casos cumprirase o obxectivo de que poidan estar concluídas na primavera.
A mellora de Baltar, o pavillón e o centro de día, ten como obxectivo a armonización paisaxística e urbana da zona e a creación de espazos de lecer, con sendas, bancos, axardinamento, nova iluminación e unha pista de pump track.
A actuación inclúe ademais a substitución da cuberta exterior do centro de día e a instalación dun toldo.

Pola súa banda na parroquia de Adina as melloras previstas céntranse no embelecemento do núcleo rural e a contorna da capela de Arra.
Isto supón nova pavimentación, mellora dos muros, soterramento de tendidos eléctricos e de telefonía e iluminación.
Trátase de dúas actuacións, explica o goberno local, valoradas en aproximadamente 480.000 euros de investimento e que foron financiadas a través do Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra.