A choiva, pero non de "café en el campo", obrigou a suspender o concerto de Juan Luís Guerra en Sanxenxo.
A decisión tomouse despois de corenta minutos de espectáculo e ante a decepción das 15.000 persoas asistentes.
A choiva estivo presente desde o inicio do concerto pero aos poucos ía gañando en intensidade presaxiando a cancelación.
Ao dez da noite o cantante dominicano anunciaba un parón de 30 minutos "por la seguridad de todos".
Non chegou a cumprirse o prazo, un pouco máis tarde un membro do equipo anunciou a cancelación definitiva do concerto.
Xa sen micrófono, Juan Luís Guerra saíu despois a saudar ao público lanzando uns bicos.
En desaloxo do recinto da Praza do Mar produciuse con calma.
A organización tivo que adiantar o dispositivo de evacuación ante o precipitado final, cunha decena de autobuses lanzadeira para trasladar aos asistentes fóra de Sanxenxo.
A organización do evento, SFX Events, emitiu un comunicado nas súas redes sociais expresando o seu pesar polo sucedido:
"Lamentamos informarlles que tivemos que interromper o concerto de Juan Luis Guerra e 440 esta noite en Sanxenxo debido ás condicións meteorolóxicas adversas. A intensidade da choiva e o mal tempo representaban un risco real para a seguridade do público e de todo o equipo técnico e artístico".