Cidadáns levará a pleno a petición autonómica de implantar a figura do enfermeiro escolar

Pontevedra
14 de xaneiro 2019

Colectivos sanitarios e de pais alumnos están a levar a cabo unha campaña autonómica para conseguir a implantación progresiva de dicha figura nos centros educativos

Pleno municipal no Teatro Principal de Pontevedra Mónica Patxot

Cidadáns Pontevedra sumouse á iniciativa que a Federación Provincial de Anpas está a levar a cabo a fin de que se implante de forma progresiva nos centros educativos a figura do enfermeiro escolar. Desta forma a formación política levará esta cuestión ao próximo pleno municipal en forma de moción, solicitando ao Concello a que inste á Xunta "a regular e desenvolver a figura do enfermeiro escolar, para a súa implantación nos centros de Pontevedra". 

A concelleira María Rey xustificou esta iniciativa sinalando que nas aulas "hai nenos que padecen doenzas como asma, diabetes ou alerxias e require a axuda de profesionais da saúde". Ao mesmo tempo, esta figura redundaría na prevención contribuíndo "a educar para a saúde" ou ofrecendo "información sobre problemas ou perigos de certas condutas". Mesmo, engadía axudaría a conciliar a vida laboral e familiar xa que "non todos os pais poden desprazarse ao centro se hai que fornecer un medicamento ou un tratamento dentro do horario escolar".

Ademais da Federación Provincial de Anpas, esta demanda dun enfermeiro escolar está apoiada no ámbito galego por outras asociacións de pais de alumnos e colectivos sanitarios mediante proposición non de lei e recollida de firmas.