Cinco árbores luminosas dan a benvida a Ponte Caldelas durante o Nadal

Ponte Caldelas
04 de decembro 2021

Ponte Caldelas acendeu este venres o alumeado de Nadal, co que busca manter a ilusión dos veciños nestas datas e animar as compras dos agasallos típicas desta época do ano. A principal novidade é que estarán iluminadas todas as rotondas do municipio

Andrés Díaz acendeu o alumeado de Nadal
Andrés Díaz acendeu o alumeado de Nadal / Concello de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas acendeu este venres o alumeado de Nadal, co que busca manter a ilusión dos veciños nestas datas e animar as compras dos agasallos típicas desta época do ano.

A principal novidade é que estarán iluminadas todas as rotondas do municipio, nunha aposta por estender a decoración de Nadal polo rural do municipio.

Deste xeito, as rotondas de A Reigosa, Cuñas, Pazos, Caritel e Forzáns contan con chamativas árbores que, ademais de encher de espírito de Nadal estes lugares do rural, dan a benvida a todos os visitantes do municipio.

Ademais da tradicional árbore da Praza do Bispo e das luces nas camelias, a Praza de España acolle unha estrela xigante, unha bola na que se pode entrar a modo de photocall e unha caixa de regalo.

Por outra banda, na Praza de Placeres Castellanos Pan hai varias árbores baixas, iluminouse con máis intensidade a ponte de madeira e tamén hai iluminación nas principais rúas da vila e as tradicionais bolas colgantes da Alameda, entre outros motivos.