Circo e acrobacias na Praza da Curtidoira para facer as delicias dos pequenos da casa

Pontevedra
15 de agosto 2023

As actividades para os máis pequenos da casa repetiranse na Praza da Curtidoira durante o resto da semana ás 19:30 horas. Actuarán: Teatro Ghazafelhos (martes 15), María Carrera (mércores 16), Sons da Batea (xoves 17), a compañía Paporrubio (sábado 19) e Expresión Contacontos (domingo 20)

Espectáculo infantil 'Gothic Circus: O Gran Salto' na Praza da Curtidoira
Espectáculo infantil 'Gothic Circus: O Gran Salto' na Praza da Curtidoira

A programación festiva das Festas da Peregrina aterrou este luns na Praza da Curtidoira cun espectáculo a cargo do Gothic Circus, que abriu un ciclo de artes escénicas pensado para os máis pequenos

A partir das 19.30 horas, 'Gothic Circus: O Gran Salto' encheu esta praza do barrio do Gorgullón dunha demostración de danzas aéreas, artes circenses e disciplinas acrobáticas.

As actividades para os máis pequenos da casa repetiranse na Praza da Curtidoira durante o resto da semana ás 19:30 horas

Actuarán: Teatro Ghazafelhos (martes 15), María Carrera (mércores 16), Sons da Batea (xoves 17), a compañía Paporrubio (sábado 19) e Expresión Contacontos (domingo 20).