Coidado das zonas verdes e integración laboral en Ribadumia

O Salnés
07 de outubro 2025
Actualizado: 18:28

Un equipo de tres e catro operarios con TEA e discapacidade intelectual realiza traballos de xardinería en oito rotondas do concello

David Castro, alcalde de Ribadumia, observa os traballos do persoal de BATA nunha rotonda Concello de Ribadumia

O Concello de Ribadumia estableceu unha colaboración con BATA Servicios Integrales a la Comunidad C.E.E. para garantir o coidado dos espazos verdes do municipio.

Esta iniciativa permite manter en bo estado as zonas públicas ao tempo que favorece a integración laboral de persoas con TEA e discapacidade intelectual.

O equipo de traballo, formado por tres ou catro operarios, segundo a xornada, baixo a supervisión dun responsable, desenvolve múltiples tarefas de mantemento.

Entre as súas funcións destacan a limpeza de matogueiras mediante roza manual e mecánica, o corte de céspede, o perfilado de perímetros, o recorte de sebes e a poda de árbores.

Todos os restos orgánicos reciben un tratamento sostible que respecta o medio ambiente, segundo o Concello.

As actuacións centránse en oito rotondas estratéxicas do concello: Castaños, cemiterio de Sisán, Santa Marta, Polígono, piscina municipal, Leiro, Lois e Lomba.

Durante os meses de verán, cando a vexetación experimenta maior crecemento, os traballos realízanse practicamente cada semana. O resto do ano, as intervencións adaptan a súa periodicidade ás necesidades específicas de cada zona.

Persoal de BATA Servicios fala co alcalde de RibadumiaConcello de Ribadumia