Colón regresará a Combarro a próxima fin de semana

Poio
02 de xullo 2017

O vindeiro venres 7 e o sábado 8 de xullo Combarro celebrará a oitava edición do Día de Colón

Celebración do Día de Colón en Combarro
Celebración do Día de Colón en Combarro / Diego Torrado

O vindeiro venres 7 e o sábado 8 de xullo Combarro celebrará a oitava edición do Día de Colón.

O programa da festa arranca o venres ás 18.00 horas coa apertura do mercado artesanal para dar paso a un completo programa que inclúe bailes medievais e a chegada da Nao Santa María con Colón e a súa tripulación, acompañados de músicos e outros artistas. Será ás 22 horas.

Pedro Gil Arranz, membro da Asociación Histórica e da Casa de Colón, será o encargado de dar lectura ao pregón.

A primeira xornada concluirá ás 23 horas coa música folk dos Chavellos.

Entre outras actividades, a Praza da Chousa continuará co mercado medieval, unhas "ruadas", bailes a cargo das Escolas Deportivas Saraiba do Mar, unha exhibición de tiro con arco ou a obra de teatro O Cego dos Monifantes que se repetirá polas rúas de Combarro, desde as 12.30 horas.

Un dos grandes atractivos da festa será a xusta medieval, a partir das 21.00 horas na Praza da Chousa, á que seguirá unha batucada e a actuación do bruxo Paracelso facendo o conxuro da queimada a partir das 23.00 horas.