Este xoves deu comezo a vixésimo cuarta edición da Festa do Mar, un evento que conxuga gastronomía, cultura e tradición mariñeira nun escenario tan tradicional como é Combarro.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou na inauguración, destacando a importancia do mundo do mar ligado a Combarro como un dos grandes atractivos da etapa pontevedresa de La Vuelta a España, que partirá desta localidade o vindeiro 9 de setembro.
"A Festa do Mar de Combarro, non é só unha festa gastronómica, é unha exposición do que somos os que temos a sorte de vivir en Poio nesta provincia", afirmou Luis López, quen estivo acompañado na presentación polo alcalde de Poio, Ángel Moldes, e a conselleira de Vivenda e Infraestruturas, María Martínez Allegue.
O presidente provincial salientou o bo momento turístico que atravesa a provincia, con Combarro como "unha das súas xoias máis valiosas".
López agradeceu o labor do sector turístico, da veciñanza pola súa hospitalidade e dos gobernos locais por promover o turismo con iniciativas como esta festa e eventos de impacto global como a saída dunha etapa de La Vuelta a España.
Ademais, subliñou o peso de Combarro non só como atractivo turístico, senón tamén como "emblema da calidade de vida da provincia", describindo a vila como "a definición exacta do noso estilo de vida: a mostra do orgullo que sentimos pola nosa cultura, a felicidade que nos reporta o noso modo de vida e a nosa estreita e profunda relación co mar".

AMPLA PROGRAMACIÓN
A Festa do Mar de Combarro, que se celebra do 28 ao 31 de agosto, inclúe unha variada programación dividida en tres bloques principais na Praza da Chousa:
-
Gastronómico: Degustación de produtos do mar nas foodtrucks 'Galicia sabe Amar' e actuacións musicais durante as sesións vermú con La Mmarca, Víctor Manuel Movilla e Miguel Barroso Cerqueira.
-
Carpa Museo: Exposicións sobre a cultura mariñeira, con maquetas de barcos, fotografías antigas do Ateneo Corredoira de Combarro, pezas do Museo do Mar de Vigo e a exposición "No centro do Mar" de Cultumar. Tamén se proxectará o ciclo cinematográfico "Cine do Mar" con curtas diarias.
-
Embarcacións Tradicionais: Encontro e regatas entre o venres e o domingo en colaboración co Club Mariño A Reiboa, con máis de trinta embarcacións participantes.
Concertos de primeiro nivel
A música tamén ten un papel destacado con concertos gratuítos:
-
Xoves 28: La Ocaband co seu musical "A historia da verbena" (21:00 horas) e o Grupo América.
-
Venres 29: Miss Caffeína, banda de pop electrónico alternativo (23:30 horas), completado co DJ local Jorge Álvarez.
-
Sábado 30: Natalia e Coti subirán ao escenario da Praza da Chousa (desde as 22:45 horas), con DJ Arroww. Natalia, coñecida por Operación Triunfo, traerá os seus éxitos, mentres que o cantautor arxentino Coti, popularmente coñecido pola canción 'Nada fue un error', fará un amplo repaso a toda a súa traxectoria.
-
Domingo 31: O espectáculo musical 'Pop Rock Symphony Fusion' (22:00 horas).
Para o público infantil haberá propostas como o espectáculo 'Os Piñeiriños' (xoves ás 20:00 horas) ou unha sesión de maxia con Samuel Moreno (sábado ás 19:30 horas).
O Certame de Música Mariñeira celebrarase do venres ao domingo pola tarde, con actuacións de Son das Corbacerias, Adelaidas, Os Chispas do Lérez, Pontis Veteris, As Abeleiras, Máis Cantos e Vides Novas.


Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025

Inauguración Festa do Mar 2025