Comeza a reforma do centro de día de Sanxenxo cunha primeira fase de 82.000 euros

Sanxenxo
23 de xaneiro 2018

Esta semana comezaron as obras interiores e de instalacións do edificio do centro de día municipal que cumpriu recentemente 15 anos desde a súa posta en marcha no ano 2002. O uso e o tempo provoca que parte da infraestrutura existente necesite obras de acondicionamento e renovación

Centro de día de Sanxenxo
Centro de día de Sanxenxo

Esta semana comezaron as obras interiores e de instalacións do edificio do centro de día municipal que cumpriu recentemente 15 anos desde a súa posta en marcha no ano 2002. O uso e o tempo provoca que parte da infraestrutura existente necesite obras de acondicionamento e renovación.

É por iso que o goberno apostou por un investimento no centro co obxectivo de acondicionar as instalacións e con iso prestar un servizo de maior calidade.

Nesta primeira actuación vai realizar un investimento que ascende a 82.000 euros.

Deste total, destinaranse 58.000 euros a unha reforma interior que contempla a substitución e reparacións varias en carpintería metálica e de madeira, o acondicionamento de aseo adaptado a persoas con mobilidade reducida, o reforzo de tabiques, cambios no pavimento, rotección solar en xanelas, pintado do edificio e recubrimento de todo o chan en linóleo para unha maior hixiene e seguridade de usuarios e traballadores.

Os 24.000 euros restantes investiranse en nun novo sistema de protección contra incendios, melloras na ventilación, na posta a punto e reparacións en caldeiras, bomba de calor e depósito de gasoil e en melloras na extracción de gases e cheiros.

SEGUNDA FASE. OBRAS EXTERIORES

Unha vez terminadas estas obras, para as que se contempla un prazo de execución dun mes, levarase a cabo un novo investimento para a zona exterior do edificio, cun orzamento que superará os 70.000 euros, proxecto no que o goberno está a traballar para concretar exactamente en que consistirá esta segunda actuación.