A plataforma municipal Reinicia Pontevedra #PonteLovers comezaba este luns a repartición gratuíta de 500 packs de mamparas vinilo con sinais e indicacións de seguridade contra a Covid-19 entre os establecementos comerciais e de hostalería da cidade.
Nestes sinais sobreimpresos nos vinilos indícanse instrucións como o mantemento da distancia de seguridade de dous metros e a necesidade de que os clientes agarden a súa quenda. Para reforzar estas medidas, distribuiranse tamén gratuitamente 1.500 carteis en tamaño A3 con estas normas.
Así mesmo, proximamente entregarase unha guía coas medidas de hixiene e protección máis relevantes na que aínda se está traballar. Como indica a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, esta guía de 12 páxinas "condensará toda a información relevante sobre a Covid-19, a hixiene persoal, o lavado de mans, as instrucións que se lle deben dar a persoal e clientes, o xeito de desprazarse de casa ao traballo…".
O obxectivo desta guía, da que se repartirán 4.000 exemplares, é aunar nun só documento toda a información de utilidade para que os comerciantes e hostaleiros poidan resolver todas as súas dúbidas "dun xeito claro e conciso", comenta a concelleira.
En canto á distribución dos vinilos, a previsión é entregalos "porta a porta" nos propios establecementos comerciais de Pontevedra. Nos casos nos que non sexa posible, habilitarase a recollida no edificio do Concello (en rúa Michelena, 30) e na sede da Concellería de Promoción Económica e Turismo, na Casa da Luz.
Yoya Blanco amosou a súa satisfacción coa "boa acollida que a plataforma Reinicia Pontevedra está a ter entre o tecido social e económico da cidade", o que contribúe a que esta plataforma creza coas ideas e propostas que se van presentando por parte de todos os participantes. Esta acción, según la concejala, está sirviendo de "alicerce da recuperación das pemes, o comercio, a hostalería e o turismo". Neste sentido, destacou o feito de que a páxina de Facebook de #PonteLovers estea a piques de acadar os 3.500 seguidores en só catro semanas e de que o vídeo #Sentidiño, lanzado coincidindo co inicio da desescalada, chegase ás 37.800 persoas alcanzadas na rede social e tivese 4.500 visualizacións na canle de Youtube do Concello de Pontevedra.