Comeza a transformación urbana do centro de Seixo, coa remodelación do entorno do mercado

Marín
10 de marzo 2022

As obras para a creación dunha gran praza e a mellora da mobilidade na zona arrancaron onte e terán un prazo de execución de cinco meses

Comeza a transformación urbana do centro de Seixo
Comeza a transformación urbana do centro de Seixo / Concello de Marín

Seixo iniciou desde este martes unha das maiores transformacións urbanas do seu núcleo urbano, co arranque das obras de humanización da contorna do mercado. 

"É un proxecto ambicioso, que levamos traballado todos estes últimos meses e que consideramos esencial para Seixo, que agora contará cun centro urbano máis ordenado e con máis espazos para a veciñanza", explicou o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas.

Tal e como se recolle no proxecto, reformularase a rúa para que teña plataforma única, con uso prioritario de peóns e cunha plaza anexa a nivel que permita usos múltiples de ocio e desfrute do entorno urbano. En total, aumentarase o espazo peonil en máis de 800 metros cadrados. Tamén se renovarán a xardinaría, a sinalización e o mobiliario urbano.

O orzamento global do proxecto ascende a case 730.150 euros, dos cales 548.058 serán aportados pola Deputación de Pontevedra, a través do Programa ReacPon. O prazo de execución da obra será de seis meses.

Esta será a segunda gran obra de humanización que se leve a cabo en Seixo nos últimos tempos, despois da remodelación da Rúa Camiño Vello, na que se renovaron todos os servizos, ancheáronse as beirarrúas, púxose novo mobiliario e arborado e pavimentouse de novo.