Comezan as obras de humanización da travesía Jaime Janer

Marín
03 de xullo 2017

As obras, que contan cun investimento de 150.000 euros, execútanse a través do Plan Hurbe da Consellería de Medio Ambiente

Comezo das obras na travesía Jaime Janer Xunta

Este luns comezaron os traballos dehumanización da travesía Jaime Janer que se desenvolven a través do Plan Hurbe da Consellería de Medio Ambiente que destinará 150.000 euros para a renovación de beirarrúas, ampliación das redes de abastecemento e saneamento e a instalación e acondicionamento de mobiliario urbano nesta céntrica rúa de Marín.

A obra pretede mellorar a accesibilidade desta rúa ampliando o ancho das beirarrúas ata 2,05 metros, dispoñéndose unha calzada central para a circulación de vehículos cun ancho de case 3 metros. Ademais, óptase por unha pavimentación de pedra de granito para as beirarrúas, separándose da calzada cunha fileira de bordo tamén de granito.

Tamén proxectarase a renovación das redes de saneamento existentes, tanto pluviais coma residuais e de auga potable, deixándose as canalizacións subterráneas a ambos lados da rúa para futuros soterramentos de rede eléctrica e iluminación.

Ademáis se colocarán bancos e papeleiras e bolardos fixos para protexer a circulación peonil do tráfico rodado.