Comezan as obras de saneamento e pavimentación na Laxe, en Moraña

Umia
07 de xullo 2022

Os traballos contan cun orzamento de 45.000 euros e un prazo de execución de tres meses

O alcalde de Moraña, Jose Cela, visita as obras de pavimentación de A Laxe

O alcalde de Moraña, José Cela, realizou unha visita ás obras para a pavimentación e mellora da rede de saneamento nos lugares de Chaián e A Penagrande, na parroquia de Laxe.

A necesidade de acometer estes traballos vén xustificada polo deterioro que sufriu o pavimento na Penagrande polo paso do tempo.

"Con esta obra, seguimos apostando por mellorar as nosas infraestruturas viarias", asegurou o rexedor, que tamén incidiu na importancia de mellorar a prestación de servizos públicos, como o saneamento.

No que respecta a este último punto, actuarase na zona de Chaián, na tubaxe que transcorre paralela á estrada provincial EP-8020.

O orzamento global da obra ascende a máis de 45.000 euros e o prazo de execución será de tres meses. Está a ser executada pola empresa EC Casas.